Alberto Quintas Seara
Licenciado en Dereito (Premio Extraordinario, Premio Autonómico), Licenciado en A.D.E. (Premio Extraordinario), Máster en Asesoramento Xurídico Empresarial, e Doutor en Dereito (sobresaliente cum laude e mención internacional) pola Universidade da Coruña.
Situación profesional e actividade docente
Actualmente é Profesor Axudante Doutor na área de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade da Coruña, e forma parte do grupo de investigación “Dereito Público Global”.
Anteriormente foi investigador do programa de Formación do Profesorado Universitario (FPU) do Ministerio de Educación, e investigador contratado pre-doutoral do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015 (Plan I2C) financiado pola Xunta de Galicia.
A súa actividade docente atópase vinculada fundamentalmente á Universidade da Coruña, onde impartiu docencia en materias propias da área de Dereito Financeiro e Tributario, tanto a nivel de Grao como de Máster, así como en cursos de Posgrao.
Actividade investigadora
Autor de dúas monografías e de varios artigos científicos en revistas nacionais e estranxeiras.
Relator e comunicante en diversos eventos de natureza científica organizados no ámbito da súa especialidade, tanto a nivel nacional como internacional.
Realizou estancias de investigación en centros de recoñecido prestixio, tales como o International Bureau of Fiscal Documentation, a Universidade Paris 1 Panthéon- Sorbonne, o Institute for Austrian and International Tax Law, ou a Universidade de Oxford.
Especialización
Dereito tributario da Unión Europea.
Fiscalidade das operacións de reorganización empresarial.
Cumprimento tributario cooperativo.
