Proxectos
O grupo participa en numerosas convocatorias públicas de axudas á investigación, con que recibe fondos europeos, nacionais, autonómicos, da UDC e de entidades privadas para o desenvolvemento dos seus proxectos.
1. Proxectos europeos
Sub-proxecto de investigación comunitario: “Aspectos xurídicos do dominio costeiro” (sección da investigación interdisciplinar “Ordenación integral do espazo marítimo-terrestre de Galicia”, financiado con Fondos IFOP da Unión Europea, dirixidos pola Consellería de Pesca e Acuicultura (Xunta de Galicia)-Fundación Universidade-Empresa (FEUGA). Santiago de Compostela 1996-1999. Responsable: Javier Sanz Larruga.
Sub-proxecto comunitario “SOSMER” (Programa de Iniciativa Comunitaria Interreg III C, Sur, Operación Marco Rexional Trend): “Formulación de modelos protocolizados de actuación en caso de emerxencia causada por verteduras mariñas” (xaneiro-setembro de 2006). Responsable: Marta García Pérez.
Sub-proxecto comunitario “MARINE” (Programa de Iniciativa Comunitaria Interreg III B, Atlantique Area). “Excellence Centre for Emerging Engineering Systems”, De xaneiro de 2007 ata xuño de 2008. Responsable: Marta García Pérez
2. Proxectos estatais
Proxecto de investigación estatal: “Seguridade marítima e protección do medio ambiente mariño”, financiado polo Ministerio de Educación, 2003/2006. (Referencia: SEC2003-08457). 2003-2006. Responsable: José Luis Meilán Gil.
Proxecto de investigación estatal: “Seminario Internacional sobre ordenación, planificación e xestión do litoral”, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, Madrid, 21 de novembro de 2008. Responsable: Javier Sanz Larruga.
Proxecto de investigación estatal: “Seminario Internacional sobre Gobernanza do Litoral”, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación (referencia DER2009-07872-E/JURI). Responsable: Javier Sanz Larruga
Participación no proxecto de investigación estatal: Rede Española de Xestión Integrada de Áreas Litorais (REGIAL), Financiado pola Fundación Biodiversidade e coordinado polo profesor BARRAGÁN MUÑOZ da Universidade de Cádiz.
3. Proxectos autonómicos
Proxecto de investigación autonómico: “A distribución de competencias en materia de pesca: dereito comunitario, dereito estatal e dereito autonómico”, financiado pola Consellería de Educación. Xunta de Galicia (Orde do 26 de decembro de 1991, DOG n.º 7, do 13 de xaneiro de 1992). 1992-1994. Investigador principal: Javier Sanz Larruga.
Proxecto de investigación “Os títulos habilitantes na lexislación pesqueira”. Consellería de Pesca, Xunta de Galicia, 1997-1998. Investigadora principal: Marta García Pérez.
Proxecto de investigación autonómico: “Bases xurídicas para a xestión integral do litoral en Galicia”, financiado pola Consellería de Educación, Xunta de Galicia (Resolución do 27 de xullo de 1999). Santiago de Compostela, 1999-2001. (Ref. PGIDT99SOCX10101). 1999-2001. Investigador principal: Javier Sanz Larruga.
Proxecto de investigación autonómico: “Integración da política ambiental nos sectores da Administración Pública de Galicia”, financiado pola Consellería de Educación. Xunta de Galicia (Orde do 30 de decembro de 1994, DOG n.º 8, de 12 de xaneiro) (Ref. XUGA10101A94). 1995-1997. Investigador principal: José Luis Meilán Gil.
Participación no proxecto de investigación autonómico: “Seguridade marítima e medio ambiente. Repercusións xurídico-públicas e socio-políticas do caso Prestige”, financiado pola Consellería de Innovación, Industria e Comercio de la Xunta de Galicia. (Referencia: PGIDIT03CSO16302PR). 2003-2006. Investigador principal: J. M. Sobrino Heredia.
Proxecto de investigación autonómico: “Seguridade marítima e protección do medio ambiente” (Incentivo: PGIDIT04PXIC10101PN), Xunta de Galicia, 2004-2007. Investigador principal: José Luis Meilán Gil.
Proxecto de investigación autonómico: “Bases xurídicas para a ordenación e planificación do litoral de Galicia”, financiado pola Consellería de Innovación e Industria. Xunta de Galicia (Resolución do 30 de outubro de 2007) (Ref. PGIDIT07PXIB101167PR). 2007-2010. Investigador Principal: Javier Sanz Larruga.
Participación no proxecto de investigación autonómico de excelencia da Junta de Andalucía (PO08-SEJ-04277) titulado: “Réxime xurídico das augas interiores e do litoral en Andalucía: unha perspectiva integral”, que ten como coordinador-investigador principal ao profesor doutor Estanislao Arana García, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Granada. Período de execución de 2009 a 2013.
4. Proxectos financiados pola UDC
Proxecto de investigación da UDC: “Integración do concepto de desenvolvemento sostible nas políticas e accións de cooperación ao desenvolvemento”. Proxecto financiado pola Oficina de Cooperación ao Desenvolvemento da Universidade da Coruña. Desenvolveuse durante o ano 2008. Responsable: J. José Pernas García.
5. Proxectos financiados por entidades privadas
Proxecto de investigación: “Problemas xurídico-administrativos formulados polo caso Prestige”, financiado por UNESA (Asociación Española da Industria Eléctrica). Execución: 2003 e 2004. Responsable: José Luis Meilán Gil.