Ferramentas
Menú

Presentación

O dereito ambiental é de recente creación, mais evolucionou de xeito notable o que o converte nunha das ramas do ordenamento xurídico con cada vez maior protagonismo na configuración da nosa sociedade.
En atención á necesidade de fomentar a investigación neste ámbito, o grupo de investigación desenvolve, desde mediados dos anos noventa, unha intensa actividade investigadora. Concretamente, centra parte dos seus esforzos no estudo, a investigación, a divulgación e a formación en materia de dereito ambiental.
A sección de Dereito ambiental desenvolve a súa actividade investigadora en diferentes ámbitos, entre os que podemos salientar os seguintes: dereito ambiental comunitario; dereito ambiental da empresa; ordenación administrativa de proxectos e actividades económicas; loita contra a contaminación; contratación pública verde; libre mercado e protección ambiental; e dereito ambiental de Galicia.
Os membros do grupo especializados nesta materia forman parte da Asociación de Dereito Ambiental Español, integrada polos máis recoñecidos especialistas na materia, e mais do Observatorio de Políticas Ambientales, iniciativa de seguimento e estudo do dereito ambiental, apoiada polo Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño.