Ferramentas
Menú

Seminario Internacional Permanente sobre o Réxime Xurídico do Litoral

Persoal investigador do Grupo Dereito Público Global e expertos convidados reuniranse dúas veces ao mes para analizar os principais problemas prácticos que se expoñen tras a promulgación da Lei 2/2013, do 29 de maio, de protección e uso sustentable do litoral e de modificación da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas.

A sesión constitutiva tivo lugar o 18 de setembro de 2013, ás 16:30, na Área de Dereito Administrativo. Este primeiro encontro tivo carácter introdutorio: presentáronse a regulación actual e os cambios máis significativos que introduciu; apuntáronse os aspectos máis problemáticos que suscita en relación co réxime de dominio público, o urbanismo, os instrumentos de ordenación do territorio e o medio; e programáronse as sucesivas sesións para profundar nos temas que se acordaron como dignos de estudo.

O calendario de traballo irase sinalando pola secretaria do Seminario, a investigadora María del Carmen Rodríguez Martín-Retortillo, logo de consultar cos membros do Grupo e cos expertos invitados.

Os resultados dos estudos e as investigacións que leven a cabo no marco do Seminario serán expostos á opinión científica nunha obra colectiva, que verá a luz a finais do 2014.