Ferramentas
Menú

Publicado en Noticias

Seminario online “Dereito público, xustiza social e migracións climáticas”

0 Flares 0 Flares ×

Baixo a dirección do Catedrático en Dereito e Coordinador do Grupo de Investigación ‘Dereito Público Global’, o Dr. Jaime Rodríguez-Arana Muñoz, e a coordinación do investigador D. Ignacio Varela Ramos, celebrarase ao longo do presente ano un seminario online gratuito titulado “Dereito público, xustiza social e migracións climáticas”: as migracións derivadas da crise climática son xa a principal causa dos desprazamentos no mundo; a vulnerabilidade dos afectados resulta insostible. É o momento de que normas e xustiza social lideren a defensa dos dereitos humanos.

A primeira sesión, “A boa administración do fenómeno migratorio”, ao cargo do propio Jaime Rodríguez-Arana, terá lugar o vindeiro xoves 10 de abril, e versará sobre a migración como fenómeno social de carácter global que reclama solucións ás Administracións públicas nacionais e supranacionais a partir das coordenadas dunha boa administración.

Para máis información e asistencia, contacten coa secretaría académica na seguinte dirección electrónica: alberta.lorenzo.aspres@udc.es.

0 Flares Twitter 0 0 Flares ×

Resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


one × = 6