Ferramentas
Menú

Publicado en Sin categoría

Seminario online «Derecho público, justicia social y migraciones climáticas»

0 Flares 0 Flares ×

Baixo a dirección do Catedrático en Dereito Dr. Jaime Rodríguez-Arana Muñoz e a coordinación do investigador D. Ignacio Varela Ramos, estase a celebrar ao longo do presente ano un seminario online gratuito titulado “Dereito público, xustiza social e migracións climáticas”: as migracións derivadas da crise climática son xa a principal causa dos desprazamentos no mundo; a vulnerabilidade dos afectados resulta insostible. É o momento de que normas e xustiza social lideren a defensa dos dereitos humanos.

Esta cuarta sesión, titulada “La protección del sistema de riego agrícola en zonas montañosas semidesérticas”, é ao cargo de Dr. Alejandro Pérez Hualde, profesor emérito de Dereito e director de carreria de doutorado da Universidade Nacional de Cuio (Arxentina). O evento terá lugar o vindeiro xoves 30 de outubro ás 19:30 horas (hora española), e versará sobre o estado e a protección do sistema de rego agrícola nunhas determinadas condicións, expoñendo ao respecto os niveis constitucionais, legais, administrativos e organizacionais.

Con moito gusto os invitamos a compartir esta experiencia. Para iso, poden confirmar a súa asistencia e solicitar o enlace de acceso (vía Teams) contactando única e exclusivamente coa secretaría académica na seguinte dirección electrónica:: alberta.lorenzo.aspres@udc.es.

0 Flares Twitter 0 0 Flares ×

Resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ seven = 12