Seminario online «Dereito público, xustiza social e migracións climáticas»
Baixo a dirección do Catedrático en Dereito Dr. Jaime Rodríguez-Arana Muñoz e a coordinación do investigador D. Ignacio Varela Ramos, estase a celebrar ao longo do presente ano un seminario online gratuito titulado “Dereito público, xustiza social e migracións climáticas”: as migracións derivadas da crise climática son xa a principal causa dos desprazamentos no mundo; a vulnerabilidade dos afectados resulta insostible. É o momento de que normas e xustiza social lideren a defensa dos dereitos humanos. Esta terceira sesión, titulada “Migraciones climáticas en Europa: situación actual y desafíos”, está ao cargo de D. Francisco Javier Zarzalejos Nieto, presidente da Comisión de Liberdades Civís, Xustiza e Asuntos de Interior (LIBE) do Parlamento Europeo. O evento terá lugar o vindeiro xoves 25 de setembro ás 19:30 horas (hora española), e versará sobre a situación das migracións políticas, como se afrontan dende o Parlamento Europeo e o reto que nos presentan como continente. Para máis información e asistencia (vía Teams), contacten coa secretaría académica na seguinte dirección electrónica: alberta.lorenzo.aspres@udc.es.