Rodríguez-Arana Muñoz presenta «Dignidad humana, poder público y Derecho administrativo»
O profesor Dr. Rodríguez-Arana Muñoz presenta o libro «Dignidad humana, poder público y Derecho administrativo», obra que parte da dignidade humana como centro e raíz del Estado, como fundamento do Ordenamento xurídico e, polo tanto, do Dereito Administrativo e de cada unha das súas principais categorías e institucións.
No libro analízanse a perspectiva histórica, o concepto, o contido, as acepcións, os caracteres e os límites da dignidade humana no marco do Dereito Público. En especial, glósase o alcance e funcionalidade do artigo 10.1 da Constitución española e estúdanse diferentes cuestións que afectan ao pluralismo, ao consenso, ao poder, ao benestar, á solidaridade, á boa administración e ás novas tecnoloxías.
Finalmente, o autor presenta a súa visión do Dereito Administrativo como un Ordenamento de realización da dignidade humana e de todos e cada un dos dereitos fundamentais a partir do exercicio das potestades e poderes públicos.
Para máis información, pulse aquí.
