REDOEDA 2026: todo un éxito
A Rede Docente Eurolatinoamericana de Dereito Administrativo (REDOEDA) celebrou o seu congreso internacional anual na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, os pasados días 11 e 12 de maio. E foi organizado desde o Grupo de Investigación de ‘Dereito Público Global’ en colaboración coa Universidade Rovira i Virgili (Tarragona) e a Xunta de Galicia (Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes), entre outras entidades.
Para máis información, pode descargarse o programa aquí.
Compartimos algunhas imaxes do evento, que este ano foi todo un éxito de participación.
Moitas grazas a tod@s por acompañarnos.





