Ferramentas
Menú

Publicado en Noticias

REDOEDA 2026

0 Flares 0 Flares ×

A Red Docente Eurolatinoamericana de Derecho Administrativo (REDOEDA) nace en febreiro de 2011, do compromiso de varias universidades de impulsar o Dereito Administrativo en América e Europa, e encóntrase constituida por catro universidades arxentinas (Universidad Nacional del Litoral, Universidad Nacional de Rosario, Universidad Nacional del Comahue e Universidad Empresarial Siglo 21, Escuela Libre de Derecho), dúas universidades e un instituto de Brasil (Universidad de Santa Cruz do Sul, Universidad Católica do Paraná e el Instituto Romeu Felipe Bacellar Filho), tres universidades españolas (Universidade da Coruña, Universidad de Salamanca e Universidad de Huelva), e dúas universidades italianas (Universitá Commerciale Luigi Bocconi e Università LUM Jean Monnet).

Dende a súa constitución, a Red realizou unha reunión anual, na que se analiza o seu grado de desenvolvemento e a consecución de obxectivos, ao tempo que se propoñen novas liñas de acción e actividades de avance. Esta reunión ten lugar no primeiro semestre do ano. Os profesores das universidades participantes celebran un congreso internacional, que ten por finalidade o acercamento e o intercambio de experiencias docentes e investigadoras.

Nesta ocasión, o evento REDOEDA 2026 celebrarase na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, os días 11 e 12 de maio. E foi organizado dende o Grupo de Investigación de ‘Dereito Público Global’ en colaboración coa Universidad Rovira i Virgili (Tarragona) e a Xunta de Galicia (Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes), entre outras entidades.

Para máis información, pode descargarse o programa aquí.

Quedan todos/as invitados/as!

0 Flares Twitter 0 0 Flares ×

Resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


2 × = four