Ferramentas
Menú

Publicado en Publicaciones

Pernas García e Dobarro Gómez participan na Revista Aragonesa de Administración Pública nº 61

Pernas García e Dobarro Gómez participan na Revista Aragonesa de Administración Pública nº 61

0 Flares 0 Flares ×

A Revista Aragonesa de Administración Pública é unha publicación de periodicidade semestral editada pola Deputación Xeral de Aragón (Departamento de Presidencia e Relacións Institucionais), especializada en Dereito Administrativo e cun índice de impacto (2023) de 0’25.

No seu último número (número 61, ano 2024), recóllense dous traballos de dous membros do Grupo de Investigación ‘Dereito Público Global’.

Por unha banda, no apartado de Estudos (pác.60-106), aparece un traballo firmado polo profesor e doutor Juan José Pernas García, e cuxo título é: “La utilización de la huella de carbono en la preparación de contratos públicos: posibilidades y límites de un proceso en construcción”. No mesmo analízanse as dificultades, os riscos e as posibilidades para o uso da metodoloxía da pegada de carbono nos procesos de preparación de contratos públicos, cuxa execución xera emisións de gases de efecto invernadoiro. Ademais, fanse recomendacións para utilizar esta metodoloxía para medir, reducir ou compensar as emisións derivadas da execución de contratos públicos. O texto completo pode lerse aquí.

Pola outra banda, no apartado de Xurisprudencia (pág. 315-350), encóntrase un texto do colaborador e doutor Cristóbal Dobarro Gómez, baixo o título: “La mediación administrativa a la luz de la jurisprudencia: resoluciones constitucionales y judiciales sobre la mediación en conflictos administrativos”. A evolución do Dereito Administrativo e o cambio de paradigma para centrarse máis nos dereitos dos cidadáns facilitou a introdución de medios alternativos de resolución de conflitos como a mediación. A incipiente actividade mediadora dos nosos tribunais contencioso-administrativos deu lugar a diversas resolucións que enmarcan a realidade desta institución no Dereito Público. Este escrito procede a un somero estudo das máis relevantes, partindo do examen das resolucións do Tribunal Constitucional na materia, e terminando coas máis recentes resolucións xudiciais sobre mediación en conflitos Administración administrado. O texto completo pode lerse aquí.

0 Flares Twitter 0 0 Flares ×

Resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


6 + = ten