Pernas García e Sanz Larruga participan na obra “Situación y evolución de la economía circular en España”
Publicouse o informe COTEC baixo o título «Situación y evolución de la economía circular en España», co obxectivo de contribuír ao análise da situación da economía circular no Estado e analizar as políticas postas en marcha dende os distintos niveis administrativos. Incorpórase ademais un estudo detallado das competencias e capacidades dispoñibles a nivel nacional para impulsar a transición circular, así como das barreiras e os elementos facilitadores para a devandita transición.
A monografía está dirixida por don Jordi Morató, da Cátedra UNESCO de Sustentabilidade da UPC, e por don Luis M. Jiménez, da Asociación para a Sustentabilidade e o Progreso das Sociedades (ASYPS). Conta, ademais, coa participación dos Doutores e miembros do Grupo: don Juan José Pernas García e don Francisco Javier Sanz Larruga.
A obra está dispoñible no seguinte enlace.
