A alumna da Universidade Nacional de México, Xelha M. Brito, realizou unha estancia de investigación na Facultade de Dereito da UDC
A alumna da Universidade Nacional de México, Xelha Montserrat Brito Jaime, realizou unha estancia de investigación na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, entre o 1 de xuño e o 24 de xullo, baixo a titoría e supervisión do Catedrático de Dereito Administrativo e Coordinador do Grupo de Investigación de Dereito Público Global, Dr. Jaime Rodríguez-Arana Muñoz.
Esta estadía ten como finalidad o enriquecemento das fontes documentais, doctrinais e normativas para desenvolver, con apoio no método comparativo, o segundo e terceiro capítulos da súa tese para obter o grado de Mestra en Dereito. A devandita tese titúlase “O dereito humano a una boa administración pública en México: unha proposta”, e está sendo realizada baixo a dirección do Dr. Jorge Fernández Ruiz.
Moita sorte!