Ferramentas
Menú

Publicado en Noticias

Fernández Carballal na presentación de “Cara a unha axenda territorial de Galicia”

0 Flares 0 Flares ×

O pasado mércores 26 de outubro de 2022 ás 18:00 h celebrouse, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago de Compostela, o acto de inicio do proxecto “Cara a unha axenda territorial de Galicia“.

O acto, organizado pola Fundación RIA, inscríbese no convenio de colaboración establecido por esta entidade coa Consellería de Facenda e Administración Pública, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

O acto, apoiado polo Concello de Santiago como anfitrión e as entidades colaboradoras no convenio, tivo como parte central unha mesa redonda na que participaron Josep Bohigas (Barcelona Rexional), Almudena Fernández Carballal (Universidade da Coruña), Lourenzo Fernández (Universidade de Santiago de Compostela), e David Chipperfield (Fundación RIA), e estivo moderada por Luis Fernández-Galiano (Arquitectura Viva).

0 Flares Twitter 0 0 Flares ×

Resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


× 9 = sixty three