Curso online “El Derecho Administrativo como instrumento de realización de los Derechos Fundamentales”
Os profesores da Facultade de Dereito da Universidade de Sao Paulo, don Marcos Augusto Pérez e don Rodrigo Pagani, xunto co catedrático don Jaime Rodríguez-Arana Muñoz, organizan e imparten o curso ‘El Derecho Administrativo como instrumento de realización de los Derechos Fundamentales’.
O evento busca ofrecer elementos dos dereitos español, europeo e brasileiro nunha abordaxe comparada, sobre a realización dos Dereitos Fundamentais por medio de políticas públicas e polo exercicio das funcións administrativas como os servizos públicos, a regulación e a actuación nos dominios social e económico.
O curso terá lugar durante todo o mes de febreiro vía online, tanto en portugués como en castelán, ás 15 h (hora Brasil) ou ás 19 h (hora España).
Inscripcións: aquí.
