Colaboración do Grupo coas Xornadas Internacionais de Nuevo León (Cuenca)
Esta semana (os días 28, 29 e 30 de xaneiro) celébrase en Cuenca, no marco da Universidade de Castela – A Mancha (UCLM), unha nova edición das Xornadas Internacionais “Construyendo un nuevo marco de contratación pública estratégica: El modelo Nuevo León”, que conta coa colaboración, entre outros organismos, do Grupo de Investigación de ‘Dereito Público Global’ (DGP) e da Rede Iberoamericana de Contratación Pública (REDICOP).
O acto, inaugurado cunha conferencia impartida polo catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Zaragoza e codirector do Observatorio de Contratación Pública de España (OCP), Dr. José María Gimeno Feliú, contará coa participación de varios membros do Grupo de Investigación: o coordinador Dr. Jaime Rodríguez-Arana Muñoz (UDC) e os profesores Dr. Juan José Pernas García (UDC) e Dr. Enrique Díaz Brazo (US).




