Ferramentas
Menú

Publicado en Publicaciones

Calderón Carrero presenta «Manual para la negociación, interpretación y aplicación de CDI por países Latam y Caribe»

Calderón Carrero presenta «Manual para la negociación, interpretación y aplicación de CDI por países Latam y Caribe»

0 Flares 0 Flares ×

O profesor e membro do Grupo de Investigación ‘Dereito Público Global’, Dr. José Manuel Calderón Carrero, presenta, xunto a Adolfo Martín Jiménez e Ubaldo González de Frutos, a obra «Manual para la negociación, interpretación y aplicación de convenios para la eliminación de doble imposición en materia de imposición sobre la renta y el capital», publicada polo Banco Interamericano de Desarrollo (BID-IDB), contando co apoio do Instituto de Estudos Fiscais do Ministerio de Facenda de España.

Este Manual constitúe un auténtico compendio de fiscalidade internacional, aportando un valioso material de primeira man para a aplicación da rede global de convenios de dobre imposición, dende unha perspectiva de América Latina e o Caribe. A obra está concibida, polo tanto, para facilitar o entendemento sobre como funcionan estes convenios de dobre imposición, e como se interrelacionan coas lexislacións nacionais e as súas políticas fiscais e económicas. O Manual está pensado tamén para facilitar a aplicación práctica destes convenios de dobre imposición, tanto dende a perspectiva das administracións tributarias como dos restantes operadores económicos e xurídicos, achegando así sólidas bases para a fundamentación técnica e razonada desta complexa regulación. O Manual, ademais, permite visualizar como está evolucionando a fiscalidade internacional a nivel global, aportando así un contexto imprescindible para entender o inacabado proceso de transformación do sistema fiscal internacional e as súas implicacións.

En suma, o Manual, pola súa calidade, claridade e actualidade, está chamado a converterse nunha obra de primeira man para todas as administracións tributarias e contribuíntes que operen nos países de América Latina e o Caribe.

Para ver en línea la obra, pulse aquí.

Para descargar el texto completo, pulse aquí.

0 Flares Twitter 0 0 Flares ×

Resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


one × 3 =