Fernández Carballal participa nunha monografía sobre a «mala administración» en materia de urbanismo
Nos últimos anos asistimos a unha gran paradoxa: na era del dereito á «boa administración», multiplícanse as situacións de «mala administración». A experiencia demostra que esta realidade se intensifica especialmente en materias como o urbanismo. Un sistema competencial complexo, distribuído en tres niveis administrativos; un elevado número de pequenos municipios sen recursos suficientes; procedementos arduos para a aprobación do planeamiento; unha xestión urbanística particularmente intrincada e unha indisciplina urbanística xeralizada —entre outros factores— explican o estado actual do urbanismo en España: un modelo que, para moitos, chegou ao seu límite.
Esta realidade reflíctese na monografía «Mala administración: un análisis en materia de urbanismo», coordinada polo profesor da Universidade Autónoma de Madrid, Dr. Agudo González e editada por Atelier (2025). A obra analiza de forma crítica as causas e manifestacións máis comúns da «mala administración» nas distintas áreas do Dereito urbanístico español. Ao mesmo tempo, os estudos adoptan unha perspectiva propositiva, ofrecendo posibles solucións para superar un sistema amplamente considerado superado. Neste senso, destacan especialmente os dous capítulos finais, que recollen propostas de futuro e reivindican a necesidade de repensar o urbanismo dende unha visión renovada e transformadora.
Un destes dos capítulos titúlase «La mala administración del urbanismo. Un urbanismo de ciudad centrado en las 3R», e a súa autora é a profesora e membro do Grupo de Investigación de ‘Dereito Público Global’, a Dra. Almudena Fernández Carballal (pp.171-194).
Para consultar o índice da obra, pulse aquí.
Para adquirir a monografía, pulse aquí.