Participación do Grupo no Congreso REDOEDA 2025
A Rede Docente Eurolatinoamericana de Dereito Administrativo (REDOEDA) constitúe unha acción que nace dun compromiso plural dun grupo de profesores de Universidades Públicas e Privadas de América Latina, o Caribe e Europa.
O acto de apertura do XIII Congreso da Red Docente Eurolatinoamericana de Dereito Administrativo (Redoeda 2025), realizado na Universidad Siglo 21 de Córdoba (Arxentina), correu ao cargo da vicegobernadora Myrian Prunotto, quen destacou no seu discurso o rol da administración pública e salientou a importancia dunha xestión transparente e eficiente para fortalecer a democracia. O acto reuniu a numerosos catedráticos de España e Latinoamérica, entre eles ao Dr. Jaime Rodríguez-Arana Muñoz, coordinador do Grupo de Investigación ‘Dereito Público Global’.
Ademais, o Dr. Rodríguez-Arana estivo acompañado no evento das profesoras Dra. Victoria de Dios Viéitez e Dra. Jennifer Sánchez González, que participaron como expositoras.
