Lembrando as «XVI Jornadas de Derecho Administrativo Iberoamericano»
Entre os pasados días 5 e 9 de maio celebrouse unha nova convocatoria do Congreso Internacional XVI Jornadas Prof. Meilán Gil de Derecho Administrativo Iberoamericano, no Pazo de Mariñán (Bergondo, A Coruña) e na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña (Campus de Elviña).
O programa previsto para esta anualidade, baixo a temática de «Contratación pública, indicadores de calidad y desarrollo humano», incluíu as cuestións de maior actualidade, interese e controversia nos distintos ordenamentos iberoamericanos en relación cos diferentes procedementos administrativos, coa finalidade da súa posta en común e a xeración de expectativas para un futuro esperanzador no estudo e na aplicación do Dereito Público.
Dende o Grupo de Investigación de ‘Dereito Público Global’ queremos dar as grazas a todos os participantes, e compartir algunhas das imaxes do evento.
Para ver as fotografías, pinche aquí.

