Taller especializado sobre Elaboración de Ordenanzas fiscais e de xestión de residuos
O profesor e membro do Grupo de Investigación, o Dr. Juan José Pernas García, e a profesora da Universidade de Castela-A Mancha e membro do Consello Asesor de Economía Circular do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, a Dra. Gemma Patón García, imparten a segunda edición do Taller especializado sobre Elaboración de Ordenanzas fiscais e de xestión de residuos; organizado polo Aula Xurídica de Economía Circular (EC-IUS) no marco da Fundación Universidade da Coruña.
O taller ten como finalidade dotar aos participantes dos coñecementos e ferramentas necesarios para elaborar ordenanzas municipais de xestión de residuos e ordenanzas fiscais en conformidade coa Lei 7/2022 de residuos e solos contaminados para unha economía circular.
Para ver o programa, pulse aquí.
Este curso é en formato online, de tres horas de duración. Desenvólvese o vindeiro 5 de decembro de 2024, de 9:00 h a 12:00 h, hora española, de maneira síncrona e asíncrona.
Para máis información e inscrición, pulse aquí.
