Ferramentas
Menú

Publicado en Investigadores

Almudena Fernández Carballal

Almudena Fernández Carballal

0 Flares 0 Flares ×

Profesora Titular de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña.

Formación: Universidade da Coruña e Estancias de investigación na Universidade Autónoma de Madrid e na Universidade Luigi Bocconi.

Liña de investigación: Dereito Administrativo e, en especial, de Dereito urbanístico en todas as súas disciplinas de maneira integral e materias conexas e transversais, tanto da parte xeral do Derecho Administrativo como da Sectorial, que se vén manifestando en distintas publicacións científicas, monografías, obras compartidas e artigos doutrinais.

Asemade, o coñecemento cualificado e global do Dereito público contemporáneo derívase da súa participación en diferentes Proxectos e programas de investigación como IP e como investigadora. Investigadora principal no Sub-proxecto “Inasrud” (Programa de Iniciativa Comunitaria Interreg III C, Sur, Operación Marco Regional Trend); investigadora participante no Sub-proxecto “Sosmer” (Programa de Iniciativa Comunitaria Interreg III C, Sur, Operación Marco Regional Trend); coordinadora do Proxecto Promines do Banco Mundial sobre “La buena gobernanza en el sector minero”; investigadora no Sub-proxecto de investigación comunitario “Aspectos jurídicos del dominio costero”;  investigadora no Proxecto do Plan Nacional: “Seguridad marítima y protección del medio ambiente” e en “la Buena Administración de los derechos sociales fundamentales” así como en sete Proxectos de investigación autonómicos en ámbitos sectoriales do Dereito Público.

É membro de distintos organismos públicos e institucións: membro da Asociación Internacional de Dereito Administrativo, membro da Asociación Internacional de Dereito Administrativo, membro do Foro Iberoamericano de Derecho Administrativo; membro do Instituto de Estudios Marítimos e do Observatorio do Litoral da UDC. Membro do Grupo Colmeiro de Análise Económica e Xurídica; Secretaria Xeral e Arbitra da Corte de Arbitraxe do Noroeste COFER, membro do equipo de avaliadores científicos da Revista de Derecho Urbanístico y Medio Ambiente como xurista especialista en urbanismo, entre outros.

En materia regulatoria e de técnica normativa, foi coautora do Código da Lei 1/1997 do Solo de Galicia, membro da Comisión Xurídica da Lei 9/2002 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, coordinadora da Lei 18/2008 de Vivenda de Galicia, membro da comisión de reforma da lexislación de servizos sociais de Galicia, coordinadora da normativa sobre accesibilidade da Xunta de Galicia, así como redactora de distintas Ordenanzas municipais.

No ámbito xurisdiccional, exerceu de Maxistrada Suplente con Adscripción Permanente na Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (2003-2005), así como en seccións de reforzo nos Xulgados do Contencioso-administrativo da Coruña como especialista en Dereito Urbanístico.

Consultora xurídica e asesora académica en materias de Dereito administrativo de manera continuada.

Durante o periodo 2004-2009 no Centro de Estudos CENGALESA, dende 2009 ao 2015 como avogada exercente no Despacho Vales & Asociados, sendo a responsable da área de Dereito Público e Dereito Administrativo; durante o periodo 2017-2021 como socia fundadora da spin-Off da Universidade da Coruña ‘Ius Publicum Innovatio’; e colaboradora académica en CCS avogados (10/2022-03/2025). Actualmente a través de colaboracións ao amparo do artigo 60 Lei Orgánica do Sistema Universitario 2/2023.

 

0 Flares Twitter 0 0 Flares ×

Resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


8 + five =